Vistas de página en total

jueves, 27 de diciembre de 2012

Peppa Pig, George Pig e Dinosauro!!!

Peppa Pig son uns dos debuxos favoritos das nenas, e o seu merchandaising é caro, caro, caro... así que, como din os portugueses com licença (ou máis ben sen ela), pensei en facer uns caseiros...
Dúas cousiñas, a tea rosa que tiña só era riscada, así que as cabezas son un tanto sui generis, pero en canto estean pespunteadas seguro que mellora o tema e ninguén se fixa, hahahaha, e o que se fixe ten un vale para unha tómbola que sorteará unha camiseta para o verán :D
Poño fotiños do howtomake, por se alguén máis se anima.
Só digo unha cousa: amancio, estou detrás de ti!!!
Os debuxos de onde me "inspiro"

Unha despezada lista para montar

Outra despezada para montar

Lista para pespuntear

Lista para pespuntear
Comezando a costura... va que é chula???
Home, vese que merchandaising oficial non é, pero este é máis molón!!!!

viernes, 21 de diciembre de 2012

Nadal, natal, christmas, navidad...

REMATADOS!!

ICÍA

GONZALO

COSME

AFILLADO ANTÓN

RENO E BONECO

DOUS BONECOS
Mati e Carmela

CARMELA

MATI
Cantámosche os Reis
perniñas de cabra,
cantámosche os Reis
non nos deches nada.

Déanos, señora,
anque sexa pouco
un touciño enteiro
e o anaco doutro.

Moito anos viva
a dona da casa
que en dar aghinaldo
nunca foi escasa.

Moitos anos viva
o dono tamén
todo o mundo di
que é home de ben.

martes, 18 de diciembre de 2012

Máis calcetíns para o Nadal...

Ao final aínda non rematei os tres anteriores e xa me puxen cos tres seguintes. Isto é un non parar, pero é que me sabía mal non facer calcetíns para os agasallos de todos os nenos da casa.
Así que hoxe comezo tres bonecos de neve ben abrigadiños para Cosme, Mati e Gonzalo. Seino, son bonecos de neve atípicos e fuleros, pero é que entre o meu gusto para combinar e a escaseza de teas isto é o que hai. Se hai que ser entroido en pleno nadal, pois non pasa nada!!! Iso si, prometo que o resultado final será algo máis vistoso ca isto, porque así de lonxe dá ata algo de risa... ainssss
Engadín na entrada os bonecos xa cosidos. Por debaixo nalgún vese un pouco de lapis (o que uso para ir bordando, se se pode chamar bordar a facer este tipo de cadeneta) por riba. Despois ao poñerlle calor xa se borra, non queda así. Agora só falta ganduxalos e pasarlles a máquina. Espero que para o 24 estean por fin listos.
Vistos todos xuntos moito traballiño fixen ehhh!!!!
Os tres bonecos, parecen burkas pero non son...

O boneco de Mati

O boneco de Gonzalo

O boneco de Cosme
Chuli, chuli!!

Chuli, chuli

Chuli, chuli

Os tres listos para seren cosidos!!!

domingo, 16 de diciembre de 2012

Os calcetíns para os agasallos!!!

A miña colega Inma tróuxome para mostrarme o calceto que lle fixo ao seu pequeno para deixarlle os agasallos de Nadal e para adornar a casa. Que chulísimo, quedoulle precioso!! Se colga fotos no seu blog xa poñerei a ligazón para que o vexades.
O caso foi que me animou a facerlles uns ás nenas e aproveitando que tiña tea tesa vermella puxen mans á obra. A cousa ten carrete, porque unha vez que te pos, comezas a querer ir ao detalle e creo que en breves van ter que amputarme un par de dedos, das horas que lle botei ao asunto...
Así que velaquí vos deixo as fotiños do proceso, dous calcetíns de nadal para as miñas pequenas e outro para o meu afilladiño. A idea é cada ano irlles cosendo algo máis, ata que cos anos sexa un calceto gastado e cheo de detalles significativos, se o conseguimos.
En canto os remate, cos bordados, os botóns e ben cosidiños, poño a foto final.
Quería aínda coser outros tres para os meus outros dous sobriños e para o cuñado pequeno, pero dáme que xa non me vai dar tempo antes do Nadal. Para o ano que vén tócalles a eles.
Porque acabei as teas, a fiselina. Vamos, que ata o hobby me entra en recesión... mundo este!!!
Esta é a idea inicial
Xa pegados, elixindo os fíos

Situándoo todo no sitio
Vai collendo xeito

O de Carmeliña sen rematar

Os tres para repasar

O de Antón

O de Icía

Nadal en pintura de dedos!


Xa sei que o seu sería un centro de mesa currado con follas verdes, candeas brancas, bólas brillantes, acivro de pega... pero aquí o que nos mola é enzoufarnos, así que tiramos de "free christmas printables", que os hai a centos e moreas (obrigada señores americanos, unha de cal e outra de area, odio a vosa facilidade para as armas combinada cunha relixiosidade raruza, pero agradezo ese afán de compartir que vos dá a todos os que tedes algo que ofrecer).
Fixemos dúas árbores e unha grilanda sen desperdicio, e tamén un apalpador para poñer na porta da entrada, porque a min o señor da cocacola paréceme máis feo ca pegarlle a un pai, onde estea un señor que baixe da montaña para quentar as barriguiñas dos nenos... hihihihihi!!!!

O que nos gustan nesta casa as esponxas en variadas formas, os gomets, os adhesivos, as revistas, as tesoiras, as cartolinas e toda canta trangallada nos sirva para pasar a tarde!!

Xa temos todo pintadiño e a secar!

Dándolle duro ao rodillo

Molan estes pinceis de esponxa

A grilanda rematada, comezando a pegar!

As nenas pintando!

A traballar todo o mundo!


jueves, 13 de diciembre de 2012

Os pitiños pío, pío, pío...

Pitiños para dúas pitiñas...
Xa están listos os pitiños, e hoxe xa foron ó cole, vivaaa!!! Tiven que quedar ata as mil para rematalos, pero é que unha vez vistos e repartidos, hai que apurar o traballo ou vailles mal. Quedaron chulis-chulis, na foto aínda se ve a tinta por debaixo dos ollos, pero xa lla eliminei e quedaron estupendos.
Un truco que axuda a coser sobre os polares, antes de pegar as teas, hai que pasarlle o ferro ó polar para esmagar ben a tea e que non ande movéndose, ao ser esponxosa, hai que traballar ese tema. Así vólvese o traballo moito máis sinxelo e fácil.
Cariña de non romper un prato...
Que chuli chuli quedaron os totós!!!
Estes pitiños por agora son os que máis me gustan. E agora xa non teño plan... acabei a fiselina e chove arreo, así que creo que nuns días non haberá máis fíos pola casa.

martes, 11 de diciembre de 2012

Os pitiños faaaan....

A idea é esta, un pito nacendo e outro nacido
pío, pío pío
cando teñen fame,
cando teñen frío,
pío, pío, pío.
O tema pititiños, pitiños que se fan polos, galos e galiñas, pitiños que saen de ovos, ovos que se comen fritos, cocidos ou en tortilla, pero outros ovos dos que saen pitiños amareliños...
Este é un tema filosófico que é difícil de afrontar para as pequenas mentes, non vaiades crer.
Así que despois de falar do asunto e tal quedoume aí na cabeza e pensei en intentar facer algo cos dous polares que me restan.
A verdade é que se non me chegara o complicado de coser os anteriores, aquí inclúo dúas figuras.
Levarame tempo e traballo, pero creo que vai quedar, como din as nenas: chuli, chuli!!!!



As peciñas todas recortadas

Probando como queda

Montando sen pegar

Xa pegado, saíu nena!

Xa pegado, saíu neno!

lunes, 10 de diciembre de 2012

O polar co reno

Que chulo quedou ao final, este foi mellor de coser porque se movía menos, a tea do xersei era menos esponxa e quedou algo mellor pegado.
Hoxe xa foron ao cole o reno, o porco, a tartaruga e o burriño...
O reno molón

Son un reno raruzo :D