Vistas de página en total

jueves, 31 de enero de 2013

Cadro con fotos e pintura

Despois da primeira man con pintura de dedos, peguei as fotos con transfer e, unha vez feito, as nenas colleron as acuarelas e comezaron a pintarse a elas mesmas. Pintáronse tanto, tanto, tanto, tanto... que ao final todo parece un vurullo de cores, auga correndo e esborranchado a conciencia.
Aínda con todo, quedou chuli, chuli, chuli.
Encántame. Aí o deixo, para quen queira usar a idea! Outra maneira de poñer imaxes é facer a pintura e despois poñer as fotos impresas en papel fino e darlle por riba con cola de carpinteiro. Iso si, non sei a durabilidade da artistada, se cadra ponse fea enseguida. Non teño nin idea...
Super cadro, só falta enmarcalo e envialo!!!!

miércoles, 30 de enero de 2013

Máis de transfer

A madriña vai estar de cumpre, así que a miña cabeza pensante pensou en facerlle un regalo persoal. Como vive na city e alí todo é moi cosmopolita, pensamos producir arte caseira.
Así que as nenas fixeron a súa primeira achega pintando con pintura de dedos o fondo inicial. Quedou bastante chulo.
Despois eu modifiquei algunha foto e imprimina con transfer. Tratei de pegalas pero foi un pouco complicado porque non me saíu moi ben (non pegaba ben, en realidade).
Pero o resultado por agora está sendo moooooi chulo. Esta tarde quizais pintemos xa por riba e, unha vez que seque, igual lle pasamos un verniz, para que non se estrague co tempo.
Logo diso, enmarcamos e vemos como queda.
Que vos parece? A idea polo menos é chula, non é?
A obra das artistas (pintura de dedos)

As fotos xa impresas co transfer e recortadas

As fotos xa transferidas

sábado, 26 de enero de 2013

Aproveitar pantalóns do inverno para o verán

Non invento nada, todos puxemos un verán ou outro os pantalóns recortados por riba do xeonllo (esfarrapados, ben cosidos, cos fíos sacados, máis curtiños, con adhesivo de acid house...), dependendo da época.
A verdade é que eu intento que outra xente poida aproveitar a roupa que xa non poden usar as miñas pequenas, pero a que lles pode valer para dúas temporadas (verán-inverno) recícloa, recortando aquí, pegando alá, reconvertendo...
O caso é que recorro sempre a profesionais, que para iso están, pero desta volta vouno intentar eu. A idea é aproveitalo e reconvertelo, para o que merquei un vivo na feira o xoves (3 metros 1 euro, teño vivo para envolverlles os pantalóns todos). Primeiro só lle ía recortar por abaixo, pero ao final fíxeno ao revés. Póñovos a idea e cando remate de coselo, poño as fotos.
Como reformar un pantalón sen saber nada de costura.
1. Cortamos o pantalón (ao ser curto pódese medir por abaixo e cortar máis ou menos por onde vexamos, eu fíxeno totalmente ao chou).
2. Cortei unhas tiras do vivo que lle vou coser e, como non sei coser recto, primeiro ganduxeino para situalo.
3. Facemos o mesmo cos petos, dándolle unha alegría tamén.
A ver como queda cando finalmente o repase todo, será máis ou menos un pouco á man, porque non sei facelo doutro xeito. Despois só falta unha camiseta azul marino de algodón para poder facerlle o mesmo e que todo vaia a xogo. Pero iso será outro día, aínda estou esperando o remate final para facerme coas básicas a un euro para ter material para todo o verán.
Velaí van as fotos, por se vos inspira poñermos a reconverter roupa tamén.

Pantalón cortado e co vivo ganduxado

Así é máis ou menos como quero que quede

No peto de atrás poñereille isto
No peto de diante irá tamén algo así

lunes, 14 de enero de 2013

Monstriños rematados

A verdade é que a pesar da combinación imposible de teas aínda quedaron ben xeitosos os monstriños, e non dan medo ningún. Velaquí vos deixo as fotos co resultado final, hoxe xa foron á gardería!
Ti que miras, neno?

Imos para a escola, a ver que se aprende...

viernes, 11 de enero de 2013

Dous monstriños

Aínda tiña dúas camisetas laranxas que axiña quedarán cativas sen usar, así que coas poucas teas que me quedan (as combinacións xa son o non vai máis de xuntar churras con meiriñas e convencerte de que é o máis do máis), tracei uns monstriños simples e rápidos de montar e de coser.
Aquí vos deixo as fotiños. Míranse un ao outro, neste caso terá sentido e vainos valer tamén para o de esquerda-dereita, porque os meus problemas de lateralidade espero non deixalos en herdanza. :D
Esta é a idea inicial

Teas seleccionadas e fiselina recortada

Monstro número 1

Monstros ollándose

Monstro número 2

viernes, 4 de enero de 2013

A familia de porquiños Peppa e George

Xa case rematei, falta pasarlle o ferro para borrar a pintura que sobra e rematar o dinosauro, que non sei como vou facer. Nunca máis farei nada tan pequecho e con tanta reviravolta, porque non cunde nada. Entre ventas do nariz, ollos, rabos, bocas e dinosauros, botei un lote de horas.
Mañá estreámolas!

Neste destaca máis o pespunteado, que contrasta


Nesta nóstase un pouco menos