Teño unha morea de labores comezados e non dou rematado ningún. Este Doraemon cosino para o meu afillado para regalarllo na Pascua.
Fíxeno aproveitando as teas dunha camiseta vella e dun bodi de bebé, para que toda quedase de algodón, pero foime bastante difícil de coser, algodón sobre algodón e a agulla non corre ben.
Ademais, ten un pequeno fallo na disposición, e Doraemon en vez de barriga parece que leva chuvasqueiro :D.
Púxenlle un axóuxere de verdade colgando, así parece máis gato cósmico.
 |
| Dous gatos cósmicos preparados |
 |
| Doraemon en riscas |
 |
| Doraemon sentadiño |
 |
| Doraemon ten un peto máxico |
 |
| É o gato do espazo que chegou aquí |