Desta volta vou coser unhas camisetas para unha nena á que lle gustan todos os animais, sen discriminación, desde vacas, cans, gatos, coellos e cobaias a arañas, formigas e saltóns.
O moucho encántame como becho e a coella facémolo máis de conto e menos de verdade. Espero que non lle disguste que non faga algo realista :D
Hoxe comecei a facer unha camisetiña para miña irmá. Co vivo que mercara na feira, un anaquiño de tea mais o bonequiño este fixen unha composición chula. Agora falta o principal, pespuntear, buscarlle un laciño ao xeito para abaixo e a ver que máis trangalladas se me ocorre para lle colgar.
Pespunteeina que se vise porque a min gústame así, aínda que sei que en realidade queda máis finiño se as puntadas non se ven. Na seguinte fágoo así.