Peppa Pig son uns dos debuxos favoritos das nenas, e o seu merchandaising é caro, caro, caro... así que, como din os portugueses
com licença (ou máis ben sen ela), pensei en facer uns caseiros...
Dúas cousiñas, a tea rosa que tiña só era riscada, así que as cabezas son un tanto
sui generis, pero en canto estean pespunteadas seguro que mellora o tema e ninguén se fixa, hahahaha, e o que se fixe ten un vale para unha tómbola que sorteará unha camiseta para o verán :D
Poño fotiños do howtomake, por se alguén máis se anima.
Só digo unha cousa: amancio, estou detrás de ti!!!
 |
Os debuxos de onde me "inspiro" |
 |
Unha despezada lista para montar |
 |
Outra despezada para montar |
 |
Lista para pespuntear |
 |
Lista para pespuntear |
 |
Comezando a costura... va que é chula??? |
Home, vese que merchandaising oficial non é, pero este é máis molón!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Agradécese a crítica construtiva, a achega persoal, as loanzas, máis xeitos de facer, ideas novas...