Vistas de página en total

sábado, 26 de enero de 2013

Aproveitar pantalóns do inverno para o verán

Non invento nada, todos puxemos un verán ou outro os pantalóns recortados por riba do xeonllo (esfarrapados, ben cosidos, cos fíos sacados, máis curtiños, con adhesivo de acid house...), dependendo da época.
A verdade é que eu intento que outra xente poida aproveitar a roupa que xa non poden usar as miñas pequenas, pero a que lles pode valer para dúas temporadas (verán-inverno) recícloa, recortando aquí, pegando alá, reconvertendo...
O caso é que recorro sempre a profesionais, que para iso están, pero desta volta vouno intentar eu. A idea é aproveitalo e reconvertelo, para o que merquei un vivo na feira o xoves (3 metros 1 euro, teño vivo para envolverlles os pantalóns todos). Primeiro só lle ía recortar por abaixo, pero ao final fíxeno ao revés. Póñovos a idea e cando remate de coselo, poño as fotos.
Como reformar un pantalón sen saber nada de costura.
1. Cortamos o pantalón (ao ser curto pódese medir por abaixo e cortar máis ou menos por onde vexamos, eu fíxeno totalmente ao chou).
2. Cortei unhas tiras do vivo que lle vou coser e, como non sei coser recto, primeiro ganduxeino para situalo.
3. Facemos o mesmo cos petos, dándolle unha alegría tamén.
A ver como queda cando finalmente o repase todo, será máis ou menos un pouco á man, porque non sei facelo doutro xeito. Despois só falta unha camiseta azul marino de algodón para poder facerlle o mesmo e que todo vaia a xogo. Pero iso será outro día, aínda estou esperando o remate final para facerme coas básicas a un euro para ter material para todo o verán.
Velaí van as fotos, por se vos inspira poñermos a reconverter roupa tamén.

Pantalón cortado e co vivo ganduxado

Así é máis ou menos como quero que quede

No peto de atrás poñereille isto
No peto de diante irá tamén algo así

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Agradécese a crítica construtiva, a achega persoal, as loanzas, máis xeitos de facer, ideas novas...