A min persoalmente as Hello Kitty arrepíanme bastante. Todo ese
merchandaising que lles venden por todos os cornechos aos pequenos non
me gusta nada. Os valores que levan canda si son bastante ridículos,
sexistas e un longo etcétera. Á parte do fomento do consumismo
exacerbado e do carísimo que é inda que non se corresponda coa calidade.
Pois
ben, cunha camiseta de euro e medio e outra de dous euros, saquei de
por aí unha ilustración das Kittys en traxe de baño, que polo menos é
graciosa e cosinas o mellor que puiden.
Nunha falta un lado dos
bigotes, esta tarde agardo rematala. Cosinlle un laciño que lle dá unha
graza ao asunto, ou iso creo... Poño algunhas fotiños para que se vexa o
antes e o despois.
|
A medio coser |
|
A medio coser |
|
Unha rematada |
|
Unha case rematada, faltan os bigotes |
|
As dúas Kittys de falsete, por 3,5 euros máis horas de traballo :D |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Agradécese a crítica construtiva, a achega persoal, as loanzas, máis xeitos de facer, ideas novas...