Vistas de página en total

martes, 4 de diciembre de 2012

Tuneando os polares do Decathlon


As miñas pequenas van ir ensaiar unha función de Nadal a un auditorio. Despois da bronquite non vou deixar que collan nin un ai de aire, así que xa me pasei polo Decathlon mercar uns polares, que baratiños si, agora bonitos non son. Estes dous teñen esa cor estilo bebé que me salta nos ollos, así que decidín tunealas con cadanseu animal, que ó que abunda polo mundo.
Unha un burro e outra un reno e como ademais as teas que teño son todas charramangueiras, un vai ir de flores e outro de números, porque vai ser que paso de irme facer con gama de grises e gama de marróns, estas van así co que hai pola casa.
Hoxe póñome co choio e a ver que tal. Xa irei ilustrando. Por agora estamos no paso 1, elixir debuxo e teas. A ver que tal é coser sobre esta clase de non sei se chamarlle textura ou tea que teñen os polares...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Agradécese a crítica construtiva, a achega persoal, as loanzas, máis xeitos de facer, ideas novas...