Vistas de página en total

martes, 4 de diciembre de 2012

Tunear polares non mola

Complicado montalo!

O burriño Floripondio

















O reno economista
Para tatoias coma min que intenten converter algo de 6 euros en algo de 26, un consello: non saen as contas.
Dificultade 1, intentar pegar o debuxo no polar. A fiselina é tocar o tecido e quedar pegada, así que aí o pos, aí che queda. Armar o quebracabezas é practicamente imposible, tivemos que facer un lote de movementos recortando aquí e alá a fiselina.
Dificultade 2, non se dá pegado. A pesar de pasar o ferro cen veces, a tea fai coma o chicle cando requece, por riba non quedou ben, apenas sei se poderei pespuntealo ao xeito.
Conclusión, ao final teño dous polares barateiros que intentei "abonitar" e que probablemente estrague, dous de vez, no canto de ir a fío un atrás do outro.
Isto só lles pode pasar a nais de xemelgos ou mellis, así que @s demais probade se queredes, pero con debuxos que non requiran moitas pezas. Un nome, un animal todo dunha peza ou algo semellante, que faga que poidades trasladar a idea ao polar sen moita complicación.
De calquera xeito, a ver como remata, que de todo se aprende!
Iso si, os animaliños quedáronme ben chuscos, ehhh????

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Agradécese a crítica construtiva, a achega persoal, as loanzas, máis xeitos de facer, ideas novas...